Eventos costeiros: Mallorca e Donostia!

É un pracer anunciar os dous grandes eventos que EYP España organizará este curso 2015-2016. Demos a benvida a Mallorca e a Donostia! Estas cidades acollerán a Sesión de Escolla Nacional e o Foro Internacional, respectivamente.

Mallorca acollerá a 11ª Sesión de Escolla Nacional de EYP España. Por vez primeira, EYPE expande os seus territorios ás illas! Laura Grau e Marta Rosique como Coordinadoras xa agardan o mellor da sesión e da xeración vindeira de EYPErs.

Á sua vez, Donostia acollerá o 5º Foro Internacional de EYP España. De igual xeito que en Mallorca, EYPE aposta por explorar e expandirse a unha nova cidade dentro da rexión de Euskadi. Esta sesión estará coordinada por Pepe Bono e Aritz Labrador e os seus equipos estarán  supervisados polos Team Leaders (Isabel Cantalapiedra, Isabel Ezpeleta, Clara Otin e Oriol Roche).

A Xunta Directiva de EYP España desexa que ámbolos dous eventos sexan da máxima calidade e agardan que todo o mundo esté involucrado neles.

Máis novas cedo!